Jue 14 de Jul del 2016
¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA16? Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhira a esta convocatoria.
Se vostede representa a un establecemento de venda interesado en ser entidade colaboradora, debe adherirse entre o 14 de xullo e o 13 de agosto. Pulse aquí para máis información.
¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA16?
Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhira a esta convocatoria.
As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido. O prazo para solicitar as axudas comezará o 28 de xullo. Pode consultar nesta páxina os establecementos adheridos.
A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, ...) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos a man de obra; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.
A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.
A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.
Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só unha persoa por domicilio e co límite de 1.000€ de subvención por persoa física nunha ou varias compras.
Se vostede é un particular interesado en adquirir materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar en Galicia, o seu interlocutor será un establecemento de venda que colabore co IGAPE na tramitación do Progama, que estarán debidamente identificados mediante o cartel "Establecemento Adherido".